Logo PolaquiaPáxina Web e-mail: polaqia@redegalega.org Tfno: 635 03 11 53

O ano 2001 foi un punto de inflexión para a Banda Deseñada coruñesa. A escasez de editoriais españolas que apostaba polo noveno arte (somentes podíase ver algo editado a través de editoriais foráneas ou auto-editadas), así como o ocaso das publicación de Banda deseñada en galego (Golfiño, Elipse), fan que un grupo de autores, en concreto: Kike Benlloch, Jano, Alberto Vázquez, Bernal e David Rubín; decidan pasar a acción creando o Colectivo Polaqia (nome que provén da serie “Nieve Negra” na que Polaqia era unha editora que publicaba unha estraña colección de Banda Deseñada).  De ahí ven que este colectivo pretenda dar saída a propostas máis experimentais e arriscadas (a única maneira de chegar a un descubrimento é experimentando. De tódolos xeitos teño que dicir que a maior parte dos experimentos non saen ben, agás no caso de Polaqia que é capaz de atopar novas vías de expresión para levar o cómic un pouquiño máis lonxe, abrindolles, deste xeito, o camiño aos que veñen detrás) tanto en formato fanzine como en cómic ao uso. Con esta premisa, os membros fundadores do colectivo comezan a facer historias e a xuntar cartos para botar a andar o seu primeiro proxecto, “Mmmmh”. Un álbum colectivo composto, exclusivamente, por historias curtas, que foi realizado e xestionado en pouco máis de seis meses para poder ser presentado en “Viñetas desde o Atlántico” 2001.

Un ano despois da boa acollida da súa primeira publicación, Polaqia volta outra vez a acción, esta vez, con dous albumes individuais feitos por autores pertencentes ao colectivo: “Alter Ego” (unha obra de carácter intimista na que se reflexiona sobre a soidade do autor) de Alberto Vázquez e “Patricia” (tamén de corte intimista) de Jano. Pouco tempo despois, estes autores deixan o colectivo para emprender proxectos en solitario.

Ata aquí, as cousas non ían mal para os polaqos, pero foi no “Viñetas desde o Atlántico” 2003 onde Polaqia amosou ata onde quería chegar. Apostando fortemente polo fanzine (non se podía chamar doutra forma) Barsowia que, seguindo a proposta de “Mmmmh”, recolle historias curtas de varios autores de Banda Deseñada galegos que están escritas no seu idioma natal, e pola 1ª parte da obra de Emma RíosA prueba de Balas”, un cómic que pertence o xénero Ameri-manga que foi reseñado nesta mesma páxina.

Tanto Barsowia com “APB” acadaron un grande éxito no salón, polo que se editaron, postumamente, sete “Barsowia´s” máis (ademáis dun recopilatorio en castelán “Barsowia en llamas” que contén tamén historias inéditas), nos que aparecen historias orixinais de autores doutras nacionalidades (portugueses, franceses e ata un americano) escritas no noso idiomas, e dúas partes máis de “APB” (Emma estamos agardando ansiosamente o final) que lle valeron a súa autora unha incursión no cómic francés.
Dende este grande salto, Polaqia mudou de cabezas visibles pasando a estar formada por: Kike Benlloch, Brais Rodriguez, Roque Romero, Bernal, Diego Blanco, Serxio Covelo e Hugo Covelo (aínda que se pode dicir que Polaqia son todos os que traballan/traballaron e editan/editaron no colectivo); que, mantendose fieis a súa idea orixinal, continuaron reclutando e traballando con autores, tanto galegos como estranxeiros, para demostrar, unha vez máis, que a Banda Deseñada en Galicia e en galego ten moito que dicir fora das nosas fronteiras.

Premios:

1º Premio do público ao mellor Fanzine do ano no “Saló de Cómic de Barcelona” por Barsowia. 2006

Publicacións:

Barsowia en llamas. VV/AA. Dominó. 2006
Corazón de tormentas. David Rubín. 2006
38”. Álvaro López e Luís Sendón. 2006
Tanque familiar. Diego Blanco, 2006
Barsowia (números 1 ao 8). VV/AA. 2003-2006
A voz na caixa. Álvaro López. 2005
A Prueba de Balas (números do 1 ao 3). Emma Ríos. 2003-2005
Feliz cumpleaños, May. Álvaro López. 2004
Patricia. Jano (Alejandro Viñuela). 2002
Alter Ego. Alberto Vázquez. 2002
The Warriors. Jano, Alberto Vázquez e Brais Rodríguez. 2002
Mmmh!!. VV/AA. 2001

Todo este chollo é de Iván Serrano