PersépolisSorprendime esta fin de semana cando recomendando “Pollo con ciruelas” a un amigo, outro que estaba un pouco desvinculado da conversa dixo: “Ese no es el tebeo de la Satrapi. A mi me moló más Persépolis, que por cierto están a punto de estrenarla, ¿no?”, ante a atónita mirada coa que me quedei, o meu amigo dixo: “Tío, ¿no te enteraste de lo de la peli de Persépolis?, pero si el viernes se estreno en la Semana Internacional de Cine de Valladolid (SEMINCI), fue presentada para participar en los Oscars como mejor pelicula de habla no inglesa por Francia y ha recibido el premio del Jurado en la última edición del Festival de Cannes”. Quedei mudo por un chisco, ata que puiden recuperar a fala, e remontándome a historia tebeil, có ton soberbio e pedante que me caracteriza dixen: “É unha pena que non se poida apreciar na pantalla a calidade das ilustracións de Satrapi, eses trazos vigorosos que aportan verosimilitude ás personaxes, a ambientación da historia en branco e negro que lle da un toque desasosegante a historia, ademáis de…”. Enseguida fun interrumpido, “Pero que dices, es una peli de animación que sigue la linea de las ilustraciones de la autora. De hecho, el guión y la dirección están hechos conjuntamente por Satrapi y el director francés Vincent Paronnaud” Calei, non fun quen de retomar a conversa, a noticia deixárame alelado, pero con ganas de coñecer máis.

Por iso documenteime durante o resto da fin de semana para darvos a coñecer a nova, por se algún de vós aínda pensaba que Persépolis era só unha obra de BD ou unha cidade de Irán. Por iso vos digo que: A pelicula vai abranguer só os dous primeiros tomos da obra, ou o que é o mesmo vainos presentar a autobiografía de Marjane Satrapi dende 1979 (Cando Marjane contaba con 10 anos) ata 1984 (ano que ademáis de ser o título da estupenda novela de Orwell, coincide co principio da adolescencia de Marjane coa guerra entre Irán e Irak como telón de fondo).

Xa se estreou en Xuño deste ano para o público francés, e a pesar de ser unha pelicula de animación atípica (hai que ter en conta que non é unha pelicula para toda a familia), acadou un grande éxito de publico e critica. Está rodada sen utilización de tecnoloxía dixitail conservando o branco e negro das ilustracións orixinais, con alguns tintes en color para discernir entre pasado e presente. A música da pelicula contará con Olivier Bernet á batuta que acompañará ás voces de Danielle Darrieux (como avóa), Catherine Denueve (como nai) e a súa filla Chiara Mastroianni (como Marjane) para a versión francesa.

En palabras da propia autora: “As peliculas políticas ofrecen respostas, eu só fago preguntas. Esa é a diferencia.”; “Se tivesemos que rodar nun país e xeografía reais, con personaxes verdadeiras, o público non se sentiría tan identificado”. Sen dúbida, esta estrea vai a traer polémica. De feito, a acollida polas autoridades iraníes foi bastante mala desde a súa estrea no festival de Cannes. Xa que temen que acade o éxito que acadou a obra de BD (que puxo en moi mal lugar o goberno tanto de Irán como de Irak), da que se venderon máis de 30.000 exemplares, que consta no seu haber, entre outros, cos premios de: Autor revelación no Salón de Angouleme 2001, mellor guión no 2002, premio Harvey á mellor obra estranxeira 2004 e Premio da Paz Fernando Buesa Blanco. Ademáis de estar nominada aos premios Eisner 2004 como mellor novela gráfica e mellor obra estranxeira, nominación que repetiu no ano 2005 e no noso país no Salón do Cómic de Barcelona 2002. Creo que todos estes premios e nominacións abalan completamente á obra para que pasemos unha tarde de domingo, ou neste caso de mércores (estréase o 31 de Outubro día de Bruxas), estupenda. Mentras podedes acudir a noso catálogo das bibliotecas municipais da Coruña e levar os magníficos cómics.

Iván Serrano
Conversador 

Anuncios