Dende hai anos vense falando da creación dun Museo do Cómic na Coruña. Mentres se segue a falar, mellor dito metras xa nin falamos do tema, o Conselleiro de Cultura da Generalitat catalana presentou hai uns dias na inauguración do XIV Salón del Manga de Barcelona, o Plano Director do futuro Museo do Cómic de Cataluña.

A idea contempla un espazo que acollerá á ilustración e o cómic nado en Cataluña e unha escolma dos mellores artistas do mundo. Este proxecto foi elaborado a partires dun inicial de Ficomic que foi mellorado por especialistas e profesionais do comic xunto a museológos. Éste é sen dúbida un proxecto de pais e como tal así o entende o seu goberno autónomo.

¿E o museo (centro, agencia, etc.) do cómic da Coruña?
Pois non sabemos; públicamente non hai nada proxectado, nin previsto, nin traballado. A idea, que no seu momento foi lanzada polo Concello da Coruña semella non atopar futuro nin empuxe no propio concello nin nas outras administracións de Galicia.

Hai máis dun ano nos ilusionó moito o proxecto cando saliou nos xornais e consideramos que ademáis de contar con persoas de recoñecido prestixio no eido do cómic sería moi bo que os futuros responsables teñan en conta á organización que ata agora leva, xestiona, custodia, invirte e dinamiza a maior e mellor comicteca de Galicia: as Bibliotecas Municipais da Coruña.

Anuncios