league extraordinary gentlemenSe hai algo que nunca fai Alan Moore é decepcionar. Dende que comezou a escribir para 2000 AD ata crear a súa propia liña editorial ABC (America´s Best  Comics) no que tódolos guións son escritos por él, mostrou un profundo amor polas viñetas e deunos as mellores historias da novena arte. Agora está en boca de todos Watchmen, a que sen dúbida é a mellor novela gráfica de tódolos tempos; V de Vedentta, que me deixou na retina unha das mellores conversas que vivín, xa non como lector, senón como persoa (a conversa entre V e a estatua da xustiza); From Hell que revive o mito do asasino das rúas londinenses “Jack el Destripador”.

Obras que cun extraordinario guión, unha planificación fora do común, un plantexamento de páxina hiperdescriptivo (os guión que Alan Moore manda aos seus debuxantes son tan descriptivos que a planificación dunha viñeta é unha páxina chea de texto. Cada páxina contén tanta información agachada que é prácticamente imposible descifrala toda) e unha reinvención constante dos recursos literarios e gráficos por parte do autor, engaden ao trasfondo das súas lecturas unha complexidade dificil de igualar.

Unha complexidade que é prácticamente imposible transportar a gran pantalla. De ahí que Alan Moore renege das adaptacións cinematográficas das obras antes nomeadas, tachandoas de “porquería” e pedindo que nin sequera apareza o seu nome nos créditos. Das adaptacións a gran pantalla das súas obras a que sen dúbida saíu peor perxudicada foi La liga de los hombres extraordinarios. Unha historia na que se mesturan o amor pola literatura coa capacidade de inventiva deste monstro do tebeo.

El Imperio Británico siempre ha tenido dificultades para distinguir entre sus héroes y sus monstruos” espétasenos ao principio do tebeo, antes de inmiscuirnos de cheo nunha extraña busca dos personaxes máis salientables das nosas novelas favoritas da Era Victoriana. Entre numerosas e numerosas referencias a estas novelas (A rúa Morgue, Sherlock Holmes, Fantomas, Arsene Lupin, Moby Dick, Cinco semanas en globo,….) atopámonos co elenco principal de personaxes que son nin máis nin menos que: Mina Harker (Protagonista feminina de Drácula coa que Moore nos intenta enganar utilizando o seu nome de solteira, Wilhemina Murray), Allan Quatermain (o heroe colonialista que protagoniza “As minas dos Rei Salomón” entre outras historias de Haggard), o Capitán Nemo (protagonista da máis famosa novela de Jules Verne “20000 leguas de viaxe submarina”), o Dr. Jekyll e o seu alter Ego Mr. Hyde (que non precisan presentación), e Hawley Griffin (a personaxe máis complicada de debuxar para O´Neill, O Home Invisible) que se terán que enfrontar aos perigos que supón loitar contra os archienemigos da Coroa Britanica Fu Manchú e o Profesor Moriarti.

Se a primeira novela che deixa sen alento (non só polo impredecible final, senón polo inútil que te sentes por non pillar tódalas referencias bibliográficas), na segunda parte seguimos para bingo cando a “liga” ten que se enfrontar á invasión marciana descrita na “Guerra dos Mundos” para logo bla,bla,bla,bla,bla,bla… non vos vou dicir nada máis.

Hai que lelo pero xa, vos aseguro unhas boas comidas de tarro tentando descubrir quén é quén na Liga dos homes extraordinarios, ademáis de pasar un máis que bo rato ao lado das personaxes que nos viron medrar.

GOD SAVES THE QUEEN!!!         

Lord Iván Serrano