BarsowiaEste venres 22 de maio, ás 20:30 h, o Colectivo Polaqia presenta as súas duas novidades para o Salón Internacional do Cómic de Barcelona. O acto ten lugar na librería especializada Alita Cómics (R/ Orzán, nº110) da Coruña. As obras presentadas, xa anunciadas no noso blog, son:

  • Barsowia nº13
  • El Corazón de los Árboles de Miguel B. Núñez (Colección Rompehielos nº3)

E, como nunca, sesión de firmas, licor e festa.