En dura competencia coa charla de Paco Roca en Viñetas o venres día 14 ás 19:00 h. os rapaces de Sinónimos De Lucro son quén de presentar o seu Fanzine recen saído de 48 páxinas Made In Galicia Country, que inclúe dende cómics a ilustracións, pasando por relatos, fichas ou entrevistas.

Para este primeiro número, o dobre cero, cóntase cunha introdución a cargo de Manel Cráneo; entrevistas a Rob Schrab ("Monster House", "O Espectáculo De Sarah Silverman") e Guillermo Carandini (" Que significa underground? "), xunto a unha ficha á debuxante Violeta ("Kiss Comix").

E comezan as seguintes series de cómics:

  • Beautiful Dead (David Braña + Fran Freijanes)
  • Gañar Unha Guerra (Gabriel Iglesias)
  • Escuadrón Defectia (Anxo González)
  • Codename: Polo (David Buceta)

Así que se estás interesado, pásate pola Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil, situada en Durán Loriga 10 (si, adiviñástelo, na Coruña) o venres 14 ás 19:00 horas e poderás decatarte un pouco máis deste proxecto fanzineroso.  

Será acaso o comenzo dun Viñetas paralelo?. 

Anuncios