Na Fundación Luis Seoane da Coruña atopámonos cunha interesantísima exposición que recolle os debuxos, bosquexos, affiches e acetatos orixinais da historia do cine de animación dos Estados Unidos. O evento, comisariado polo historiador do cine Luciano Berriatúa, fai un percorrido pola traxectoria dos debuxos desde os anos vinte ata os noventa con figuras tan absolutamente significativas como Tex Avery, Paul Terry ou Matt Groening.

Só por coñecer a obra de Tex Avery (Frederick Bean Avery) vaga a pena visitar a Fundación. Este autor deu vida a persoaxes coñecidos por todos como Pato Lucas, Bugs Bunny, Porky o Chilly Willy e representou a ruptura do "realista" estilo Disney cun influxo sobre os estudios de animación que comenza nos anos cincuenta e chaga ata os nosos días.

Ata o 27 de setembro Prorrogase ata o 12 de outubro

Anuncios