Do 1 ao 8 de outubro poderá visitarse na capital belga a exposición Galicia 2009 tempo de BD que organiza a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia no 7º Festival de Banda Deseñada da Rexión de Bruxelas.

A mostra recolle os grandes traballos que se produciron na comunidade nos últimos anos e consta de 70 láminas coas que se pretende exemplificar a abondosa produción de banda deseñada que rexistrou Galicia.

Anuncios