Este ano cúmprese cincuenta da publicación da Esmorga escrita por Eduardo Blanco Amor. O libro naceu na Arxentina e non fue ata os anos 70 cando poido publicarse en España debido a censura franquista ante unha obra que mostraba a brutalidade e represión do sistema.

A Concellería de Cultura do Concello de Ourense, no contexto deste aniversario, encargou a elaboración dun cómic sobre A Esmorga que foi realizado por Jaime Eizaguirre como debuxante e Carlos Rafael como guionista e editado por Difusora. O cómic inclúese nun volume xunto a un xogo de rol sobre a novela, os traballos fotográficos realizados por Blanco Amor e outras seccións ainda por saber xa que este conxunto publicarase a fins do mes de novembro aproximadamente.