Francisco Ibáñez, quizais o mais coñecido e lido autor español de tebeos, propuxo arrastrar os nenos dos videoxogos para achegalos ao cómic na presentación da versión tridimensional (ou despregable ou pop-up) da súa sección 13 rúe do percebe que se realizou o día 29 de outubro.

Ibáñez, autor de Mortadelo e Filemón, El Botones Sacarino, Pepe Gotera e Otilio, entre outros defendeu o cómic como un primeiro chanzo na lectura infantil facilitada pola presenza do debuxo.

Hai que ter en conta a opinión dun mestre pero dende fancómic apostamos tamén polo cómic como lectura adulta.

Anuncios