Serpientes ciegasO álbum As serpes cegas do mallorquín Tomeu Seguí e do madrileño Felipe Hernández Cava obtén este ano o Premio Nacional de Cómic, que outorga cada ano, desde o 2007, o Ministerio de Cultura. A obra foi editada polo colectivo galego BD Banda en galego  e castelán no pasado 2008, sendo a primeira coedición galego-francesa neste campo.

O álbum xa fora recoñecido co Premio da Crítica, o Premio Diario de Avisos ao Mellor Guión e o Premio do Saló del Còmic de Barcelona á Mellor Obra e ao Mellor Guión entre outras distincións.

O premio Nacional de Cómic ten recoñecido a autores como Max, primer premiado nesta categoría no ano 2007, por Bardín el Superrealista ou Paco Roca no 2008 pola súa obra sobre o Alzeimer Arrugas.

Desde Fancómic a nosa felicitación aos autores e ao colectivo amigo BDBanda.

Anuncios