O cómic convértese en materia universitaria. No mundo académico existe certa conciencia da pegada do tebeo nos medios, os lectores e o comercio e, sen embargo, con reducida implantación no ámbito universitario. Para loitar contra esta ausencia dun arte xa centenario están a nacer algunhas interesantes iniciativas.

As veteranas UNICOMIC, jornadas del cómic de la universidad de Alicante xa están na súa undécima edición e se celebrar do 25 ao 27 de marzo con autores coma Barry Kitson e Peter Milligan, especialistas no xénero, críticos e estudosos.

Na mesma liña situase UCMCOMIC, jornadas del cómic de la Universidad Complutense de Madrid que plantexan un  congreso como unha introdución xeral para os alumnos de la Universidade Complutense con conferencias, mesas redondas e proxeccións. Estas xornadas celébranse do 1 ao 5 de marzo e  requiren de inscrición previa.

 

Anuncios