novela gráficaLa novela gráfica parte do actual recoñecemento do cómic como xénero adulto e para adultos e fai un prercorrido pola historia da banda deseñada ata chegar a eclosión destes últimos anos. La novela gráfica é unha obra divulgativa escrita por Santiago García, periodista especializado no medio, guionista e tradutor.

Para García a orixe da actual prestixiosa novela gráfica está no underground dos anos 60 que daría lugar ao cómic alternativos na década dos noventa. O autor nega que o xénero foise "inventado" por Will Eisner coa súa obra ‘Contrato con Dios’, no ano 1978 senón que o atribúe ao Maus de Art Spiegelman publicada en 1986.

En fancómic non coincidimos moito con estas distincións nos nomes e nas calidades dos cómic. Se ben recoñecemos o mérito das manidas ArrugasPersépolis, etc. aínda pensamos que sempre tivemos moi bos tebeos en forma de superhomes ou importados do lonxano oriente ou nos debuxantes españois de Truenos e Carpantas.

Anuncios