Crear unha cosmogonía propia como lle acontece a moitos cómics esixe ás veces un detallado estudo de distintos aspectos: como é o planeta Kripton, como está construída a batcova, como se produciu a invasión nazi de norteamérica segundo a Marvel….? Facer crible estes mundo require dos autores de cómics de mapas, planos, esquemas e diagramas e este é precisamente o obxecto de estudo dun blog recentemente aparecido Comicbook Catography onde poderedes encontrar todas estas curiosidades, toda esta documentación gráfica de apoio que un bo guionista necesita.
Anuncios