Xornada Banda Deseñada OurenseO Director Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, presentou en Ourense a programación da 22ª edición das Xornadas de Banda Deseñada que comezan o venres día 1 e rematan o domingo 17.

Están previstas oito exposicións repartidas no Museo Municipal, o Auditorio Municipal e a Casa da Xuventude nas que contamos a obra de Pablo Auladell, Clara Tanit-Arqué, Manuel Bartual, o portugués João Fazenda ou Dani Montero. Tamén haberá exposicións colectivas como “Un camino de viñetas”, con distintas miradas do camiño de Santiago visto polos máis destacados autores de cómic galegos, ou a colección do “Certame de cómic e ilustración Injuve 2009”.

Xunto ás exposición poderemos ver as películas Gainsbourg. Vida de un héroe, de Joann Sfar e a recen produción española María y yo sobre el cómic de Miguel Gallardo.

Finalmente o venres día 15 farase entrega do Premio Ourense de Banda Deseñada a súa “alma mater” Kiko da Silva.

| 29-09-2009 | 21 Xornadas de Banda Deseñada de Ourense |

Anuncios