Mamed Casanova entra unha noite nun cemiterio e rouba o traxe dun morto para sacar a unha moza a bailar. No Casino de Ortigueira un familiar do defunto recoñece a roupa. A intención de Mamed era emigrar a Cuba pero non chegará máis lonxe dos montes do Ortegal. Perseguido durante tres anos pola garda civil, este mozo apodado Toribio, será o chivo expiatorio da sociedade decimonónica dominada pola burguesía da época.
Deste xeito arranca O Fillo da Furia a novela gráfica baseada en feitos reais, dos autores lucenses Manolo López Poy (Sarria) e Miguel Fernández (Baralla). A obra supón un repaso ao historial delictivo do último bandoleiro romántico, un personaxe esquecido na néboa, sobre o que escribiron Emilia Pardo Bazán ou o mesmo Valle-Inclán e que agora reaparece protagonizando esta banda deseñada de aventuras.
 
Este fin de semana os autores asinarán exemplares en:
  • Venres 5 de novembro:  LIBRERÍA PAZ (Rua Peregrina, 29, Pontevedra) 18:00 h.
Anuncios