Hoxe a partires das 19:30 poderedes ver no CGAC, enmarcado no ciclo "novo cinema galego", o documental dirixido por Marcos Nine "Radiografía dun autor de tebeos". Nel se recollen en 20 minutos as docenas e docenas de horas que o director aurousán grabou do día a día do escritor/ilustrador de cómics David Rubín. Tocando cada estadío do proceso de xestación das súas obras, desde a idea inicial ata a presentación en salóns e firma de exemplares; tendo en conta o seu entorno, a mirada do equipo que estivo con el durante meses e o seu punto de vista persoal. Sen dúbida unha obra de arte da que que o propio Nine dixo: "No quería que fuera un documental más de gente contando en plano medio anécdotas del mundo del cómic o la historia de la Banda Deseñada gallega, no quería un… 35 anos de B.D. galega, sino un producto universal sobre personas que hacen tebeos; un docu que no solo se centrara en la profesión, sino en quien está detrás, con sus glorias y sus miserias".

Temos que dicir, que isto só é unha pequena parte dun proxecto máis ambicioso, unha longametraxe sobre o día a día dos tebeos desde o punto de vista de diferentes autores. Nela, Nine contará amén do citado Rubín, cos comiqueiros Alberto Vázquez, Diego Blanco e Kike Benlloch.

Anuncios