O Xoves 26 de maio ás 19:30 na Biblioteca Forum Metropolitano de A Coruña, teremos a presentación do novo número do Fanzine Sinónimos de Lucro.

 
Trátase do cuarto número editado polos "sinónimos" que contarán para este acto con Manel Cráneo como colaborador, ademáis dun dos seus impulsores e maiores artífices, David Buceta. Neste novo número colaboran entre outros Leanne White (Cánada), Öykü Akkoyunlu (Turquía), Morgane Parisi (Francia), Mariano Casas, Tamara Blanco, Elena Valverde, Sol Romagnoli, Víctor Guerra, Davida e David Braña.

Despois da charla poderase adquirir o Fanzine e haberá firmas.

Vémonos!!!


Anuncios