Monarch On MistflowerDende o ano 1991 e bienalmente, Gas Natural Fenosa convoca as Bolsas de Creación Artística no estranxeiro, destinadas a potenciar e difundir a creatividade dos artistas plásticos e visuais nacidos ou residentes en Galicia.

Poderán solicitalas todos aqueles que non cumprisen os 35 anos o 31 de decembro do ano da convocatoria e o seu desfrute terá unha duración máxima de 18 meses, sendo necesario acreditar un mínimo de 5 meses de residencia no estranxeiro durante ese período de tempo.

Cada unha das bolsas estará dotada con 16.000 euros, destinados a sufragar, en todo ou en parte, as viaxes, gastos de estanza, matrícula en centros docentes, materiais, traslado de obra, etc. Unha vez concluído o prazo estipulado, o beneficiario deberá presentar un memorando do traballo realizado, con especificación de conclusións e resultados, que deberá ser aprobado polo xurado.

Bases completa da bolsa

Anuncios