Erika SevenA Libraría Endo (R/Entrepeñas 41) estrea unha vez máis unha nova exposición titulada Metamorfose em 2D. Nesta ocasión todos aqueles que se acheguen tanto a inauguración, que terá lugar o venres día 10 de Xuño ás 20:00h da tarde, coma os que se pasen pola libraría ata o día 8 de xullo poderán desfrutar da obra de Sito López, fotógrafo e deseñador gráfico, que utilizou coma modelo a Erika Seven, unha coñecida cosplayer galega, para acadar un resultado sorprendente no que a fotografía e a a ilustración se mesturan.

A exhibición mostra a transfiguración do corpo dunha persoal real a un soporte en 2D como é, neste caso, o tema anime, videoxogos, fan art, ilustracións de temática xaponesa… grazas á fotografia e o photoshop.

Nesta inauguración,  estarán Sito Lopez e máis Erika Seven falando sobre o proceso creativo e a súa experiencia con este traballo. Non faltarán un pinchos e unhas bebida para saciar un pouco a fame e a sede.

Anuncios