Sin mirar atrásDani Montero foi o gañador no 2009 da V edición de Premio Castelao de Banda Deseñada con "Sen mirar atrás" e dende entón a proxección da súa obra non para de crecer. A última nova é que o seu cómic sae publicado en alemán; o 18 de xuño presentarase no Instituto Cervantes de Munich Kein Blick Zurük (así chámase en alemán) dentro do festival de banda deseñada da cidade bávara. Esta entidade tamén acolle unha mostra de traballos de Montero que estará nesas datas asinando exemplares.
Anuncios