Breve encontro Lois PereiroO vigués Jacobo Fernández Serrano asina este cómic adicado a vida e obra do recentemente homenaxeado no Día das Letras Galegas Lois Pereiro. A verdade é que poucos autores sinalados estiveran tan próximos a banda deseñada tanto nos seus gustos como nas propias circunstancias da súa propia vida.

Jacobo Fernández mistura unha laboriosa documentación a partires de entrevistas co irmán do poeta Xosé Manuel ou a súa moza Piedad Cabo, con boas doses de imaxinación e fragmentos da obra literatia. O cómic ven marcado polas tráxicas circunstancias da vida de Lois Pereiro, que tamén corresponde a súa xeración, as adiccións, a enfermidade…

Breve encontro, un aceno á obra mestra de David Lean, está edita por Xerais, ten 160 páxina en branco e negro e podes adquirila por uns 15 €.

Anuncios