Jordi Lafebre

Jordi Lafebre (Barcelona, 1979-) é deseñador, ilustrador e debuxante de cómics. No ano 2001 comeza a súa traxectoria profesional, colaborando para revistas de diversa índole, coma Penthouse Comix ou NOBANDA. Pero foi tras entrar en contacto co guionista francés Zidrou, quen exerce de introductor e guía de Jordi Lafebre no mercado francés, cando publica os seus últimos traballos: “La Anciana que Nunca Jugó al Tenis y otros Relatos que Sientan Bien”e “Lydie”.
 
Na actualidade, Jordi Lafebre traballa nun álbum para Dargaud, compaxinando o seu traballo de debuxante co de profesor, na mesma Escola Joso onde foi alumno.
 
En Viñetas, ademais dunha exposición con orixinais das obras “Lydie” e “La Anciana que Nunca Jugó al Tenis y otros Relatos que Sientan Bien”, Jordi Lafebre participará nunha charla-coloquio e asinará exemplares dos seus libros.