No mes de xullo de 1991, hai agora 20 anos, publicábase en EE.UU a primeira historieta de Bone. O cómic, cun transfondo e unha estética realmente inusual e innovadora, narra as aventuras e desventuras dos curmáns Fone Bone, Phoney Bone e Smiley Bone despois da saída por pernas da súa vila natal Boneville. A partires de aquí, os trapicheos de Phoney, as ocurrencias de Smiley e o valor de Fone; farán que coñezamos a verdadeira e épica historia que lles deparará o destino xunto aos seus novos amigos do "Valle".

A popularidade dun cómic que segue estando en boca de todos a pesares de levar 20 anos existindo debería ser suficiente para que caia nas túas mans se non o fixo xa. Pero se es dos que se bota para atrás porque a estética "parece" un pouco infantil, tes que saber que:

 – é unha historia tremendamente divertida e amena que en palabras do o seu autor, Jeff Smith, entremezcla a perfección "O señor dos Aneis" e Bugs Bunny.

 – as personaxes, localizacións, accións… están tan ben descritas, perfiladas e hilvanadas que fan que ler a obra sexa unha delicia para os sentidos.

 – o boca a boca fixo que pasase de ser unha autoedición de tirada pequena a estar a venda en multitude de paises, sendo Astiberri a elexida polo autor (sen contar a edición inacabada de Dude cómics) para levar as súas aventuras a España.

 – acadou 10 premios Eisner e 11 premios Harvey entre decenas e decenas de galardóns.

 – podes adquirila en diferentes formatos: desde unha edición de luxo dividida en 3 partes coa edición orixinal en branco e negro ata unha edición de bolsillo, pasando por unha edición especial en 9 tomos a toda cor feita para a ocasión polo propio Smith.

De seguro que ter esta obra é un valor seguro. De feito, través da páxina web de Jeff Smith poderedes facervos cun dos 2000 volumes edición especial (con extras, figuras, moedas, ilustracións numeradas, etc) pola frioleira cifra de 350$. Aínda que se preferides podedes ler a obra enteira de GRATIX na vosa biblioteca preferida; pero shhhhhhhhh, no llo contedes a ninguén.

Good to the bone.

Anuncios