Logo de Viñetas desde o AtlánticoNesta semana confirmáronse moitas novas na páxina oficial do Festival Viñetas desde o Atlántico: entre os convidados, ademais do xa mencionado Jordi Lafebre, contaremos coa visita de Juan Díaz Canales, Juanjo Guarnido, Kim, Antonio Altarriba e David Rubín. E entre as exposicións, ademais das que corresponden ao autores convidados, destacan a dedicada aos Pitufos, comisariada por Toni Guiral e aos Superheroes, comisariada por Jaume Vaquer.
 
Exposicións no Kiosko Alfonso
 
Ata o momento, xa podemos confirmar que as exposicións dedicadas aos autores convidados a Viñetas 2011 poderanse visitar no Kiosko Alfonso:
 
Exposicións no Palexco
 
Nesta 14ª edición de Viñetas, poderemos desfrutar de, polo menos, dúas exposicións temáticas no Palexco:
  • Exposición "Los Pitufos": comisariada por Toni Guiral. Onde prestarase especial atención aos orixes da serie, ao seu creador Peyo e á serie de animación.
  • Exposición "Superhéroes": comisariada por Jaume Vaquer. O propio Jaume Vaquer fará unha visita guiada á exposición, repasando a historia do xénero superheroico.
 
E polo de agora isto é todo o que vos podemos contar. Xa estamos desexando coñecer o cartel completo do Festival, e é que tan só falta un mes para que comece Viñetas desde o Atlántico 2011.
Anuncios