Documental Radiografía dun autor de tebeos

O xoves 14 de xullo ás 20:00 h, no edificio Normal (espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña), proxectarase o documental Radiografía dun autor de tebeos, dirixida por Marcos Nine.

Esta producción galardoada recentemente co Mestre Mateo ao mellor documental e na actualidade en competición en numerosos certames cinematográficos internacionais, versa en torno a figura e a obra do autor de tebeos galego David Rubín, membro do colectivo Polaqia e autor convidado a Viñetas 2011.

Xunto coa proxección realizarase unha charla-coloquio coa presencia de Marcos Nine e David Rubín, onde se falará dos entresixos de tan singular producción audiovisual.

Anuncios