"Ímonos cos obxectivos cumpridos".

Así de cripticos se amosaron Brais Rodriguez, Jose Domingo e Bernal Prieto na mesa redonda sobre a traxectoria do colectivo Polaqia que tivo lugar o pasado xoves na sala Normal. Moderados polo artífice durante 20 anos das "Xornadas de BD de Ourense", Henrique Torreiro, os autores fixeron unha retrospectiva da historia do colectivo.

Deleitaronnos cos seus inicios, nos que un puñado de autores apostaron por editar o seu material de maneira DIY, sen depender de ninguén máis que de si mesmos e puidendo dar renda solta a súa imaxinación sen presións editoriais nin persoais (o colectivo sempre contou cunha organización horizontal). Emocionaronnos cos seus logros, cando o buque insignia do colectivo, a revista barsowia, gañaba no 2007 o premio do público ao mellor fanzine no "Saló de Cómic de Barcelona". Vimos como medraban, coa colección Rompehielos (na que se daban cabida a historias máis longas das que nos tiñan acostumados) e a serie de Sketchbooks (na que podiamos ver os deseños, os lápices e os bocetos dalgúns dos seus autores), e nos traían as viñetas dos mellores autores underground de Francia, EEUU e España. E por último a tristeza inundou a sala cando anunciaron a súa disolución como colectivo, xa que este actuaba como unha ponte cara a profesionalización que a maioria dos seus membros conseguiu. Ademáis o cariz que estaban a coller as súas publicacións ia obrigandoos pouco a pouco a converterse nunha editorial máis seria, perdendo deste xeito a idea primixenia do colectivo e duplicando o traballo do seus membros.

Pero non vos preocupedes porque aínda teñen pendentes un par de publicacións para este ano, e teñen prácticamente todo o seu catálogo disponible. So tedes que botar unha ollada a este poñervos en contacto con eles para conseguir o que queirades.

Deixovos cunhas horribles fotos feitas a través da miña inutilidade coa cámara misturadas cunhas fotazas de Jose Domingo recén roubadas do seu blog.

Anuncios