O pasado 14 de xullo deuse a coñecer a ilustración gañadora do concurso de carteis para o salón do manga 2011 convocado por FICOMIC. Sabiamos unhas semanas antes que o autor responsable desta era o madrileño Juan Álvarez Carrasco, pero nin se nos ocurriu pensar que a obra ía estar ambientada na serie favorita da nosa infancia, Dragon Ball; "Cómo otros muchos jóvenes, entré en el manga gracias a Dragon Ball. Al no poder utilizar ningún personaje conocido para realizar la ilustración, me basé en la leyenda del Rey Mono en la que se basó Toriyama para la serie. De ahí el mono subido en una nube que aparece en el cartel". E nada mellor que un cartel dun Songoku na súa faceta máis "mona" para presentar unha edición onde os samurais terán moito que dicir. Xa que o Salón rinde unha merecida homenaxe á figura destas personaxes nas que se inspiraron tantos mangas, animes e películas en todo o mundo.

De feito un dos seus invitados vai ser Hiroshi Hirata, un experto mangaka de 74 anos que é unha lenda viva do gegika de samurais. Kazue Kato é, de momento, a outra invitada o evento. Esta a pesares de non ter nada que ver co jidaimono, é unha experta e experimentada mangaka cuxo buque insignia é unha das grandes apostas de Norma para finais de ano, Blue Exorcist. O lanzamento deste manga coincidirá coa visita da autora ao noso país.

Xa sabedes, temos unha cita en en La Farga de L’Hospitalet do 29 de outubro ao 1 de novembro. Será a última posibilidade de visitar o recinto que durante 13 anos se converteu no templo dos aficionados ao manga, xa que o ano que ven o escenario elexido polos organizadores será a Fira de Barcelona en Montjuïc onde haberá unha maior garantia de comodidade para os máis de 60.000 visitantes e expositores do salón.
Anuncios