Como xa sabedes por este blog Korucomic é unha serie de actividades centradas en nenos e xoves que organiza a Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil da Coruña e que ten lugar a semana anterior ao Viñetas desde o Atlántico 2011.

Programación:

  • Martes 2 de agosto, 12:30 h.: Falamos de banda deseñada, presentación editorial de Cerditos de Guinea
  • Mércores 3 de agosto, 12:00 h.: Proxecto Kuro Usagui unha investigación sobre Xapón
  • Xoves 4 de agosto; 12:30 h.: Ilustrando contos, taller para rapaces de 6 a 10 anos.
  • Venres 5 de agosto, 19:30 h.: Coloquio sobre "Os lobos de Moeche" con Manel Cráneo
  • Sábado 6 de agosto:18:00 h.: 
    • Concurso de cosplay para rapaces de 13 anos en adiante.
    • A partires das 19:00 h. entrega de premios do concurso para o cartel do Korucómic.
    • A partires das 19:30 h. entrega de premios do concurso de fotografía dixital "Ver un libro".

Pero non acaba aquí a implicación das bibliotecas municipais da Coruña coa banda deseñada pois, como en outras ocasións, estaremos presentes en toda a feira de Viñetas coa nosa caseta na que poderás atopar obradoiros, concursos, premios, cómics para levar, etc.

Anuncios