Se non tes un peso e queres ter algúns tebeos na casa agora que está a punto de comezar o Salón de Viñetas desde o Atlántico, pásate polo Hall do Forum Metropolitano e poderás levarte emprestados os máis de 150 cómics que forman parte da exposición "Viñetas historico/histriónicas". Nela poderas atopar obras que van:

De Hugo Pratt a Grant Morrison, de Maus a apocalipsis friki, de historias escritas en pergamino a historias escritas a base de LSD… aquí atoparás as mellores obras de Banda Deseñada de contido histórico-biográfico mesturadas coas maiores tolemias escritas polos máis grandes autores.

http://widget-17.slide.com/widgets/slideticker.swf