xornadas anime mangalego CoruñaA asociación cultural Mangalego organiza as cuartas Xornadas de Anime do martes 16 ao xoves 18 con horario de mañá de 11:00 a 13:30 h. e de tarde dende as 16:00 ata as 20:30 h. no Forum Metropolitano do parque Europa.

Como sempre Mangalego intenta que haxa de todo, tanto novo coma vello, series populares e películas tan interesantes como a Desaparición de Suzumiya Haruhi.

A entrada é gratis, como sempre, e as series serán en versión orixinal subtitulada (galego e castelán). Ademais, a maiores das proxeccións, tamén amenizaremos os intermedios con pequenos concursos de cosplay, karaoke e trivial.

A qué agardades?

Anuncios