26 de Abril de 1986, Chernóbil – URSS. Durante unha proba na que se estaba a simular un corte de suministro eléctrico, un aumento de potencia do reactor 4 produce un sobrequecemento do núcleo que provoca a súa vez unha explosión de hidroxeno no seu interior. Esta libera a atmósfera materiais radiactivos que superan en 500 veces aos liberados pola bomba de Hiroshima.

Se a esta breve introducción lle engadisemos algo como: Agora o vacío extendese por toda Rusia, os cadáveres erguense das súas tumbas facendo realidade a paradoxa dunha sociedade de mortos viventes; poderíasmos estar a falar dunha nova pelicula de Romero ou dun novo cómic de Kirkman, pero coma sempre a realidade supera a ficción. E a realidade é que despois de 25 anos aínda non se conseguiu erradicar o accidente nuclear máis grave da historia. A emisión de radición segue en activo desde o primeiro día soterrada baixo un sarcófago que impide que saia a superficie; Pripiat segue sendo unha cidade fantasma da que non te podes achegar a menos de 30 km; 600000 persoas recibiron entre 10 e 100 veces máis radiación nuns días das que recibirían na súa vida; estimanse en 200000 as mortes que colateralmente provocaría o accidente, ademáis doutras tantas con afeccións intestinales, respiratorias, cardio vasculares… A zona segue sendo un volcán a punto de estoupar, unha bomba de reloxería esquecida (ou silenciada) que pon de manifesto, unha vez máis, o estúpida que resulta a condición humana.

Porque, como ben reflicte Natacha Bustos nas sobrecolledoras ilustracións que fai da cidade de Pripiat, non somos os donos dun planeta que seguirá existindo despois de que todos morramos, somos o reflexo das personaxes deste cómic, somos buscadores. Como Leonid, que despois da catástrofe vai buscar o amor dos seus fillos para non sentirse só na inminente morte da súa esposa. Como Galia, que despois de ser desterrada da terra que a viu nacer busca en balde un novo sitio onde sentirse ben. Como Vladimir, que buscando a estabilidade económica da súa familia atopase fronte a fronte co “enemigo invisible” contra o que non “podemos utilizar las armas”. Como Anna, que fai todo o posible por esquecer os seus recordos para buscarse a si mesma. Como Yuri e tatiana, que regresan a “zona” para buscar o seu pasado. Coma ti, que buscas un comentario, unha historia, un sorriso, un bico… que te faga ser racional neste mundo de tolos.

Anuncios