Tras non pouca dificultades, a maior é o vacío deixado polo falecemento de Benito Losada, celebraráse a edición 23ª das Xornadas de Banda Deseñada de Ourense do 4 ao 18 de outubro.

O evento defínese como de transición e ten moito de esforzo voluntario que se concreta nunha serie de exposicións nas que suliñamos a colectiva de autores galegos en homenaxe a Benito Losada. Tamén temos a mostra sobre Polaquia que xa pudimos ver na Normal da Coruña.

Finalmente sinalamos que o premio Ourense deste ano vai, máis que merecidamente, para os amigos da Editorial Demo. Parabéns!

Anuncios