O vindeiro luns 31 de outubro remata a exposición de ilustracións do artista plástico Pablo Otero na libraría Libros para Soñar da Coruña (Avenida de Fisterra 64, 881922447, lpscoruna@kalandraka.com. Trátase dos orixinais elaborados para Contos por teléfono, unha colección de relatos de Gianni Rodari considerada un dos clásicos contemporáneos máis senlleiros da literatura infantil e xuvenil, e que vén de ser editada por Kalandraka.

As imaxes destacan polo seu valor simbólico, a proliferación de formas e figuras xeométricas, e o gran protagonismo da cor. Cunha estética ‘rodariana’, Pablo Otero mestura onomatopeas, dobres sentidos, caricaturas e refinados códigos visuais, cun vistoso resultado. O propio ilustrador realizou tamén a chamativa intervención artística que decora o escaparate de Libros para Soñar.

Anuncios