Imaxe Xornada ARte + narrativa gráficaO próximo 24 de novembro, o Consello da Cultura Galega organiza unha xornada titulada "Arte + narrativa gráfica", que, baixo a coordinación de Miguelanxo Prado e María Luísa Sobrino, incluirá catro conferencias sobre banda deseñada, todas elas enfocadas coa óptica do estudo académico.

Os convidados serán Ricardo Anguita, director do Centro de Cultura Contemporánea da Universidade de Granada; Antonio Altarriba, guionista, profesor da Universidade do País Vasco e reciente Premio Nacional de Cómic; Juanjo Guarnido, debuxante; e Gemma Sesar, directora de El Patito Editorial.

A inscrición é gratuíta, aínda que con prazas limitadas. Os contidos da xornada poden verse no programa do evento.

Anuncios