Os prestixiosos premios Annie e os Óscar presentaron esta semana a candidatura das dez e dezaoito peliculas, respectivamente, que participarán na categoría de mellor pelicula de animación.

Entre as seleccionadas atopánse dúas produccións españolas; Arrugas e Chico y Rita que disputarán o premio competindo contra as grandes superproduccións: ‘Las aventuras de Tintín’, ‘El gato con botas’, ‘Rango’, ‘Kung Fu Panda 2’, ‘Cars 2’, ‘Un gato en París’ e ‘Arthur Christmas’, entre outras.

‘Arrugas’ é unha largometraxe de factura galega, producida por Perro verde films e dirixida por Ignacio Ferreras, que está baseado no cómic homónimo de Paco Roca. Este narra a problemática da enfermedade do Alzheimer vista a través da amizade de dous ancianos internados nun xeriátrico. Inédita en todo o mundo ten pendente o estreo a principios de 2012.

‘Chico & Rita’ é unha producción con capital español e británico realizada polos cineastas Fernando Trueba -gañador dun Oscar con ‘Belle Epoque’ en 1992- e Tono Errando, xunto ao diseñador Javier Mariscal. A película contanos a historia duns amantes na Habana a finais dos años Corenta, unha relación marcada pola música da época que pretende ser a auténtica protagonista do filme. ‘Chico & Rita’ acadou recentemente o galardón de mellor película europea de animación.

O nome dos nominados á 84 edición dos Oscar coñecerase o 24 de Xaneiro, pero teremos que agardar ata o 26 de Febreiro para a entrega dos premios. Sen embargo, o  sábado 4 de febreiro na cidade de Los Ángeles producirase o fallo dos premios Annie dos que auguramos que unha da nosas produccións será a gañadora.

Boa sorte e a seguir recadando premios.

Anuncios