Hoxe inaugurase na cervezoteca Malte ás 22:00 horas a exposición de Luís Sendón Metal&Punk. Esta pretende ser unha retrospectiva dos traballos relacionados coa música que o ilustrador coruñés ven facendo dende hai anos para grupos, concertos e festivais. Deseños de camisetas, cd´s, vinilos, posters e moito máis, danse cita ata o 15 de Xaneiro nesta expo que pecha o círculo do 10º Aniversario do grupo de música ao que pertence, Nashgul.

Anuncios