cómics sala infantil rosales2

E é que nunca é demasiado cedo para introducir aos máis pequenos no mundo dos cómics!

Parece que son cousa de nenos, pero no mercado editorial non hai tantos cómics para eles como pensabamos. A industria está mais centrada no público xuvenil e adulto, pero determinadas editoriais están a facer grandes traballos. Aquí tedes algunhas das nosas recomendacións para este Nadal:

Colección MAMUT (Bang Editorial), deseñada para axudar a nenos a partir dos 3 anos a entrar no mundo da lectura, especialmente no do cómic. Entre os seus títulos, destacamos:

Aproveitando o tirón da película de Spielberg, podedes agasallar calquera dos títulos ca colección de Tintín de Hergé (+12 anos). Dende logo nas Bibliotecas estanse a prestar como churros!

Xa sabemos que o manga funciona moi ben entre os rapaces, así que sempre podemos introducirlos con títulos como:

 Outros títulos que cos que lles podemos sorprender:

E aproveitamos que estamos a falar de cómics para nenos para anunciar a creación dunha nova colección, da editorial Thule: Isla Flotante. Estaremos atentos, a partir do mes de marzo, para ver con que títulos nacen… Pero tratándose de Thule, só podemos esperar cousas boas!

Pero recordade que, se non queredes gastar os cuartiños e mercar calquera destes libros, sempre os podedes atopar nas Bibliotecas Municipais da Coruña!

Anuncios