Miguel Cuba Taboada
Lugo, 1982  

Enderezo electrónico           Páxina web 

Biografía

Este lugués, descoñecido no mundo do cómic ata o pasado 2011, non parou de pintar dende que rematou a súa licenciatura en Belas Artes alá polo 2006. Diferentes exposicións nacionais e internacionais (Italia e Cuba parece ser a súa segunda e terceira morada) tanto individuais coma colectivas, unha morea de obras e un puñado de premios acreditan a sobrada clase dos seus traballos.

Ademáis, este todo terreno da ilustración atrévese con calquera cousa que lle boten: Ilustración tradicional, coloreada por ordenador, para revistas, grabados (catro deles foron seleccionadas na  XXI edición do Premio Máximo Ramos)…

Estudos

Licenciado na facultade de Belas Artes de Pontevedra no ano 2006.
Cursou estudos na Accademia de Belle Arti Pietro Vannucci en Italia

Premios:
2010: 1º premio das axudas para a creación de banda deseñada da Xunta de Galicia
2010: Primeiro Premio de pintura “Xuventude Crea” por “Nueva Babilonia” (Xunta de Galicia)
2010: 3º premio de Banda deseñada no certame Xuventude crea
2009: Premio Novos Valores (Deputación de Pontevedra)
2008: Premio Adquisición de Obra da Fundación Laxeiro
2000: 2º Premio no concurso de cómic de Arteixo
2000: 3º Premio no concurso de banda deseñada de Ourense

Obras:

2011: Punto de Fuga. DEMO Editorial.
2010: Os pasos perdidos. VV/AA. Fundación Laxeiro e Universidade de Vigo.
2010: De la huella a lo numérico. VV/AA. Princeps; Grupo de investigación dx5
2010: Facer e deixar facer. VV/AA. Fundación Laxeiro
2010: Novos valores 2009. VV/AA. Deputación de Pontevedra
2009: Ahoras: Una conversación. VV/AA. Universidade de Vigo.
2009: II Encuentro De Brujas y Mariposas. VV/AA.
2009: The print factory. VV/AA. Grupo de investigación dx5
2008: Crónicas Chairegas – Deseño e ilustración da obra de Paulo Martínez-. Fundación Manuel María
2008: Visiones de Babilonia
2005: S.T. en “Artxove”. VV/AA. Concello de Pontedeume
2000: Lucy in the Sky with Diamonds en “Certame galego de imaxe artística”. VV/AA. Xunta de Galicia,

Exposicións:

2011: Disparos Sonoros. Circuíto creatividade 2011 – Palacio das artes (Oporto).
2011: Punto de fuga – Galería 9THE13 (A Coruña)
2011: For sale! – Galería Metro (Santiago de Compostela)
2011: Espacio Atlántico. Feria de Arte Contemporáneo – Galería Metro (Vigo)
2010: Nueva Babilonia – Galería 9THE13 (A Coruña)
2010: Watts – Sala X (Pontevedra)
2010: 8×14.  Mecánica Galería de arte (Sevilla)
2009: II Encuentro “De Brujas y Mariposas” (La Habana)
2009: Suxeitos difusos, redes severas – Casa das Campás (Pontevedra)
2009: Cartas de ausencia – Galería BCA28 (A Coruña)
2008: Ahoras – Sala X (Pontevedra)
2007: Facer e deixar de facer – Fundación Laxeiro (Pontevedra)   
2006: Migraciones – Universitá pero Stranieri de Perugia (Italia)
2006: Trame – Comune de Corciano (Italia)
2006: Exposición Internacional Teatro de Figuras (Italia)

Anuncios