A Casa da Cultura de Fene, na que está situado o Museo do Humor, acollerá durante o mes de xaneiro a exposición “O humor e os dereitos da infancia”, que será inaugurada mañá mércores 11, ás 19:00 h.
Na mostra, organizada polo propio Museo, 40 ilustradores procedentes de países como Brasil, Perú, Uruguai, México ou Grecia amosan cunha óptica humorística o tema dos dereitos dos nenos e nenas, seguindo a Declaración dos dereitos da infancia de 1959.
Ademais, unha vez concluída, o Museo do Humor ofertaralle a exposición aos centros de ensino e asociacións de toda Galicia coa idea de lle dar un carácter itinerante.
Anuncios