Na web do campUSCulturae (Universidade de Santiago de Compostela) xa nos informan de que está aberto o prazo para presentar comunicacións e para realizar a inscrición gratuíta, no Congreso Internacional “Ilustrando a Diversidade”.

O congreso terá lugar entre os días 20 e 23 de febreiro en Santiago de Compostela e nel participarán ilustradores/as de distintos países do mundo, expertos en arte e edición e profesionais da animación e da promoción da lectura. En coincidencia co mesmo inaugurarase a Exposición ilustraMundos, que permanecerá aberta até o 20 de abril na sala de exposicións do Pazo de Fonseca.

Para recibir máis información podedes poñervos en contacto coa Organización a través do correo-e: campusculturae@usc.es.

Anuncios