El Héroe de Davíd RubínFai xa uns días que o portal sobre banda deseñada Entrecomics publicou a lista dos seus premios anuais, Lo mejor del 2011, que se veñen desenvolvendo desde 2009 con crecente participación e interese por parte dos lectores da web. Aínda que os premios Entrecomics son concedidos por elección popular (nesta ocasión co récord de 292 participantes na votación), os autores do portal confesan que os cómics elixidos, coinciden en termos xerais, cos seus propios gustos. Ademais son moitas as editoriais que apoian esta iniciativa, co regalo de lotes de libros, que, dende logo, incentivan a participación!
Na categoría “Mellor cómic nacional” o vencedor foi este ano El héroe. Libro uno, de David Rubín; o segundo posto ocúpao Aventuras de un oficinista japonés, de José Domingo —que ademais tamén está no terceiro posto na categoría de “Cómic mellor editado”—, e o noveno posto, Las fabulosas crónicas del Ratón Taciturno, de Martín Romero.
Na categoría “Mellor cómic nacional publicado en catalán, éuscaro ou galego”, o primeiro posto foi para A man do diaño, de Brais Rodríguez, e o terceiro para Lois Pereiro. Breve encontro, de Jacobo Fernández Serrano.
Recordade que todos estos cómics os podedes conseguir nas Bibliotecas Municipais, así que non se vos adianten!
Anuncios