Definición: Punto ficticio no cal as liñas paralelas parecen conxerger ao alonxarse na distancia. Crítica social, humor, esperanza…

De maneira sinxela, verosimil e áxil Miguel Cuba entretece a historia de Mateo; un mestre de debuxo (alter ego viñetil do autor) que está a buscar a súa verdadeira identidade nunha viaxe iniciática chea de dúbidas, soños e frustracións. Unha viaxe que toma como punto de partida a situación actual do noso país para desenmascarar a futilidade coa que o “estado de bienestar” crea as nosas necesidades. Unha travesía na que espimos as nosas propias vivencias a través de paixases, amizades, accións e situacións coñecidas que poñen de manifesto a necesidade de medrar cara un mundo mellor. Unha derrota pola conciencia colectiva e o seu afán por ser cada vez mais individual. Unhas vacacións nas que hai esperanza, a pesares de esquecer as tres palabras polas que deberiamos rexer as nosas vidas; amor, humor e respeto.

Non esperes máis, pásate pola túa biblio e leva prestado o tebeo da nosa xeración, a historia da maior parte de xente que escribe e segue este blog, a tristura de todos os que temos unha espada de Damocles apuntando a nosa dignidade, a reflexión de todos os que estamos inmersos nunha crise fundada polo Imperio capitalista, a canción dos que estamos destinados a ser “os parados mellor formados de toda a democracia”.

Punto de Fuga/ guión,  debuxo, tinta e cor, Miguel Cuba. Prologo por Miguelanxo Prado. — A Coruña: Demo Editorial, 2011

Anuncios