Logotipo de la Diputación de OurenseA Deputación de Ourense, a través do Negociado de Planificación, ven de convocar dez bolsas destinadas a profesionais da animación e a banda deseñada para unha estadía formativa de curta duración (4 días) na cidade francesa de Angoulême. As estadías incluirán visitas á Cité Internationale de la Bande Dessinée et de l’Image (onde están, entre outros, os prestixiosos Maison des Auteurs e Musée de la Bande Dessinée), ao Pôle Image Magelis e toma de contacto con diversos colectivos de autores franceses. A actividade está incluída no programa do Programa Imagina Atlántica, proxecto cofinanciado polo FEDER, que une catro países europeos: España, Portugal, Francia e Gran Bretaña.

Data:

Prazo: ata 16 de marzo

Organizada por:

Deputación Ourense – Bases da Convocatoria

Requisitos:

  • Poderán ser beneficiarios das bolsas obxecto desta convocatoria as persoas físicas que sexan profesionais (con ou sen titulación) con experiencia acreditada de actividade por conta propia ou allea no mundo da animación e/ou da banda deseñada, como, por exemplo, debuxantes, guionistas, ilustradores, deseñadores gráficos e outros.

Dotación:

  • Xestión, organización e financiamento da viaxe de ida e volta a Angoulême: a Deputación de Ourense porá a disposición dos beneficiarios os medios de transporte necesarios para a realización da viaxe de ida e volta de Ourense a Angoulême.
  • Manutención e aloxamento durante a estancia formativa:
  • Seguro de riscos de accidentes e asistencia en viaxes e sanitaria.

Información:

Negociado de Planificación Deputación Ourense
Progreso nº32 – 32003 Ourense
europa@depourense.es
Teléfono: (+34) 988 38 51 10
Fax: (+34) 988 38 51 84
http://planificacion.depourense.es
B.O.P. Ourense 02/03/2012

Anuncios