Demo Editorial, apostando sempre polos productos da terra, adiantanos as súas dúas próximas novidades feitas por autores galegos. Estas dúas obras entrarán a formar parte de dúas novas coleccións dentro da súa liña editorial.
En Abril poderemos desfrutar de Salpock, dos autores Álvaro López e Luís Sendón. Un album que resultou finalista do Premio Castelao 2011 e que formará parte dunha colección que xirará en torno a ciencia-ficción. Ambos autores, nomeados moitísimas veces nas páxinas deste blog e antigos membros do xa finado Colectivo Polaqia participaron xuntos en infididade de proxectos entre os que destacan a obra “38” e as colaboracións na revista Barsowia.
Por outra banda, no mes de Maio e con motivo das letras galegas sairá a venda Castelao: O pobre Tolo. A obra de Iván Suárez e Inacio Vilariño, gañadora do último premio Castelao, será parte dunha serie de varios títulos nos que abordarán diferentes aspectos biográficos sobre a figura máis emblemática da historia da cultura galega, o polifacético Castelao.
Desexando estamos que salgan estas obras para poder compartilas con todos vós na vosa biblioteca favorita.
Anuncios