Por terceiro ano consecutivo, desde a Asociación Xuvenil Draco, en colaboración con Alita Cómics, Metropolis Cómics e as editoriais Holocubierta e Devir, convídannos ás III Xornadas Gygax.

As Xornadas Gygax son un evento gratuíto e para o que non é necesario rexistro previo, dedicado aos xogos de rol, os xogos de mesa, os wargames e outros temas afíns. E este ano contarán coa presenza dos autores de Taura: Lands of Alchemy, La  puerta de Ishtar, Brumas del Alba, Un mundo llamado Noche e Horizonte Escuro, que dirixirán partidas dos seus propios xogos. Por suposto, tamén haberá partidas doutros xogos mais tradicionais como D&D, Aquelarre, Aventuras de la Marca del Leste, Yggdrasill, Capitán Alatriste e Changeling:  El ensueño.

DATAS / HORARIO
– Venres, 23 de marzo, de 16:30 a 20:30 h.
– Sábado, 24 de marzo, de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 20:30 h.

LUGAR:
Forum Metropolitano
R/ Río Monelos, s/n
Tel.: 981 184 293

Anuncios