A partires do día 2 de abril o Colectivo de ilustradores Miñoco organiza un obradoiro de iniciación aos cómics para nenas e nenos de 7 a 14 anos. Non se trata de ensinarlles a debuxar senón que se centrarán en impartir os coñecementos básicos para que unha vez rematado o curso, os alumnos podan facer os seus propios tebeos.

O curso, que ten un custo de 30€, constará de 4 sesións de 2 horas cada unha, en horario de 17:00 a 19:00, impartidas por membros do Colectivo na Asociación Cultural LA VERCA (Rúa Perillana, 1. 15003 – A Coruña). As 4 sesións estarán estructuradas da seguinte maneira:

1ª sesión: Practicaranse as proporcións humanas e a perspectiva. Falarase tamén do cómic e os seus diferentes xéneros.

2ª sesión: Tratarase o proceso creativo á hora de crear unha historia propia. Faranse personaxes orixinais.

3ª sesión: Veranse os diferentes tipos de planos aplicándoos ás viñetas. Achegaremonos ao storyboard para saber para que serve e como se fai.

4ª sesión: Cada persoa fará o seu propio cómic.

Se queredes máis información ou reservar praza chamade ou escribide a:

COLECTIVO DE ILUSTRADORES MIÑOCO

Tel.: 628 515 312

correo-e: minhocoestudio@gmail.com

web: http://minhocoestudio.blogspot.com.es

Anuncios