O álbum finalista do pasado  Premio Castelao 2011, Salpock. O val dos cegos, presentarase o venres 20 de Abril ás 19:00 na libraría Alita Cómics (Rúa Orzán, 110 B). Un cómic cheo de acción cunha historia de aventuras épicas que transcorre no mundo post-apocalíptico de Zakfart; que conta como extra cun mini-xogo de rol ambientado na historia que podedes descargar gratis. O código atópase no interior do tebeo.

Un tebeo que é o primeiro título pertencente a HäinöS , unha nova serie de cómics de ciencia ficción, creada por Demo Editorial, que rememora o dito popular atribuido as meigas “Non creo nelas, pero habelas nainas”. Desde Demo tamén están seguro de que Hai outros mundos, de ahí que pretendan rescatar estas aventuras de xénero ademáis de seguir apostando polos autores e pola banda deseñada galega e en galego.

Para os autores, Álvaro López e Luís Sendón, a cita de Alita será o inicio dunha minixira de presentación do álbum por toda Galicia. E non vos preocupedes senón podedes asistir á primeira cita, xa que ao día seguinte haberá unha sesión de sinaturas na Feira do Libro de A Coruña as 19:00 horas.

Anuncios