Dende Fancómic, ademáis de ofrecervos unha listaxe cos autores galardonados cos premios do Saló deste ano, queremos felicitar a Lola Lorente e José Domingo por aupar, unha vez máis, a Banda Deseñada galega e en galego ao máis alto do Podio. Podio do que quedamos as portas o ano pasado cando retranca caeu ante Dolmen como mellor revista nacional de cómic e que recuperamos en 2012 con dúas obras, “Sangre de mi sangre” e “Aventuras de un oficinista japonés” (que diseccionaremos e reseñaremos en breve neste blog), para volver estar na cabeza da creación e edición de tebeos en España. Noraboa a todos os premiados.

GRAN PREMIO DO SALÓ
José Ortiz

MELLOR OBRA DE AUTOR ESPAÑOL
José Domingo por Aventuras de un oficinista japonés

MELLOR OBRA DE AUTOR ESTRANXEIRO
Moebius por Arzak el vigilante

AUTOR REVELACIÓN
Lola Lorente por Sangre de mi sangre

MELLOR FANZINE
Esteban Hernández por Usted

MELLOR OBRA: VOTACIÓN POPULAR
Damián Campanario e Assandro Valdrighi por Lágrimas en la lluvia

MENCIÓNS HONORÍFICAS

Para os autores chinos Benjamin, Chen Weidong e Lotulist.

e para Go Nagai que obtivo o recoñecemento polos 40 anos de Mazinger Z.