Si, si, líchedes ben; o icono e pioneiro da “contracultura” americana expón ata o 19 de Agosto a súa obra no, segundo a maioría, o templo da cultura por antonomasia. 700 debuxos orixinais e unhas 200 revistas rinden homenaxe a este sátiro obsesivo e depravado asediado pola culpabilidade (coñecido tamén como o mestre do cómic “underground”), no Museo de Arte Moderno da cidade de París.

“Crumb. Do ‘underground’ ao Xénesis” é unha retrospectiva das xa cinco décadas que o autor estadounidense leva falando sobre o sexo, as drogas, a música country e o blues dos anos vinte. Unha exposición na que quedan ben reflectidas todas esas obsesións polas que o autor sente un profundo amor, devoción e respecto, a pesares de ser tildado varias veces de misóxino. Obsesións que conforman unha personalidade rica e sólida que encarana o estereotipo de home branco para exercer unha enorme crítica sobre os valores occidentais e as conviccións morais e sociais da decadente sociedade estadounidense.

Tal e como está o bolsillo é difícil ir a París, pero podedes coñecer a obra de Crumb e algo máis da súa vida cos cómics que están nas vosas bibliotecas. Disfrutade delas, ride e loitade por un mundo mellor.

Anuncios